Aurora García Rivas
84-8053-445-1
10,00 €
Aquí tedes un libro para ler se vos peta, ou pra lérllelo ós mais.
¡Últimes unidaes!
Fecha de disponibilidá
Cando era pequena, as dúas cousas que mais me prestaban, a parte d’atrapar cullarapos na poza do Pingarelo ou na do Pasadoiro, cazar largatixas, andar descalza derriba das pedras do río Eo e saltar polos noiros, eran: recitar villancicos na igresia e escuitar contos._x000D_ Calquera conto me valía, tanto daba que fora clásico, como tradicional da nosa terra, como inventado pra ocasión. D’esto dábame eu algunha maña xa entoncias, pois ás veces, e por xugar, cambiaballes o cabo ou ós personaxes malos facíos bois y o rovés y así contabao eu ó meu xeito, e de paso inventaba ún novo.
Andando o tempo, deume por escribilos a min, y así chegóu este libro de dezaoito contos que se len nun suspiro. Hainos de todos os xeitos, líricos, misteriosos, máxicos... Unhos xa tan publicados en revistas, en libros colectivos e ainda en folletos de festas, outros foron escritos pra este libro._x000D_ Todos eles tan escritos na nosa fala, e muitos teñen abondo que ver con historias que pasaron alí; atópase non sólo San Tiso, senón A Veiga, Ribadeo, Abres, o noso río, a Ría, algún monte... en fin, eses sitos que todos conocemos e que son parte da nosa vida e da nosa Historia.
O último conto, e con él fain dezanove, oínllo contar a miña abola e a miña mai cando era pequena. Te recollido da tradición oral y eu nun fixen máis qu’escribir aquelo do que m’acordaba, e ta premiado en Santalla d’Ozcos.
Aquí tedes un libro para ler se vos peta, ou pra lérllelo ós mais. En algún d’eles habéis de reconocervos e reconocer cousas da nosa terra. Outros poderían ser de calquera lugar do mundo, que en todos eles hai cousas mui parecidas, os mesmos sentimentos, as mesmas ilusióis, os mesmos pecados e a mesma capacidá pra imaxinar, qu’ó fin y ó cabo é do que se trata.
Aurora García Rivas nacéu na antigua (San Tiso d’Abres) en 1948. Ten publicado nesta mesma editorial el poemario O viaxeiro da noite (2004), e tamén o libro en castellano La tierra vertical (Ateneo Obrero de Gijón, 2005).
Esti sitiu usa cookies pa qu’esfrutes de la meyor esperiencia d’usu. Si sigues navegando, atalantamos qu’aceptes les mentaes cookies y la nuestra política al rodiu d’elles. Da-y al enllaz | close |